A nosa culpa

 

Durante toda a miña vida educativa en Galicia estiven escoitando que o galego estaba a piques de morrer, tamén tiven que estudar que dende fai no se cantos anos o numero de falantes non deixaba de baixar, que existen moitos tópicos sobre o galego. Pero nunca tivemos a coraxe necesaria para romper con todos estes tópicos e falar a que é a nosa lingua.

Nas rexións mais urbanas como o son A Coruña e Vigo é moi difícil, case imposible que en lugares como o Corte Inglés te atendan en galego, xa que parece que non se pode mercar un Iphone en galego, os que somos da miña idade poucas veces temos escoitado musica en galego, mais ala de Milladoiro e Luar na Lubre, que están ben pero saír de festa e escoitar algo en galego mais ala do miudiño é moi difícil.  A TVG xa é unha cousa doutro mundo, con programas que están ben para rapaces pero pegan un salto de 40 xeracións ata chegar a Luar. Logo tamén temos a vergoña do galegofalante, por exemplo anciáns que cando chegan ao hospital pasan de falar galego a falar en algo que poderiamos anomear como castelan.

Dáme pena ter que haber marchado de Galicia para aprender isto, pero a verdade non imaxinaba que se escoitase nas discotecas algunha canción en catalán e menos que fose das que mais o petase, tampouco imaxinaba que remataría coñecendo a estes grupos, incluso mallorquins e vascos. De atoparme na cidade mais cosmopolita con xente que non renega da súa lingua e de xente da miña idade que ten o privilexio de sentirse igual de cómodo en dúas linguas.

Isto non é cosa dun dia, nin dun ano, debe de ser un cambio na nosa (e na miña) mentalidade,na cultura, na educación e sobre todo non ter vergoña de cantar,escribir, bailar ou vivir o galego, porque non todo o mundo ten o privilexio de falar as verbas de Rosalia.

Se tivese que resumir as diferenzas entre o galego e o catalán o faría así

Envexa

 

Advertisements

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s

%d bloggers like this: